A Coruña acolle unha mostra da pintura de cambio de século (1800-1920)

Pintura romántica

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura mañá unha nova exposición. Unha mostra que ten a Goya como principal reclamo e que pretende amosar a representación pictórica romántica do período que vai de 1800 a 1920. Unha exposición composta por vinte autores e que organiza a entidade financeira Ibercaja con motivo do seu 125 aniversario, en colaboración coa Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo.

Xustificación da mostra


A entidade financeira Ibercaja cumple 125 anos. E entre os actos de celebración organiza unha mostra con boa parte dos fondos que se completan na súa colección. De feito, desde mañá o Museo de Belas Artes da Coruña exhibirá cincuenta mostras da colección financeira e que recolle o contexto artístico da exposición desde 1800 a 1920.

A mostra está estructurada en doce etapas e segue un discurso cronolóxico da historia da pintura española. E entre os principais reclamos da mostra destacan tres pezas de Goya.













Contido da mostra



Aínda que a figura máis coñecida da mostra sexa Goya , un total de vinte artistas forman parte desta exposición. De feito figuran nomes tan importantes como Corado Giaquinto, Heinrich Schmidt, Eugenio Lucas Velázquez, Joaquín Sorolla, Iganacio Pinazo ou Valentín de Zubiaburre.
Unha serie pintores que se sitúan no contexto artístico da pintura española entre a época de Goya e o cambio de século. Do pintor de Fuentedetodos (Zaragoza) está presente na exposición con tres obras: un autorretrato de cando o autor era novo, un boceto do seu coñecido cadro "Dous de maio".

De feito a mostra, recolle o barroquismo tardío moi influenciado pola cultura napolitana. Unha influencia que se debe ó feito de que na corte de Carlos III estaban traballando pintores italianos que marcaron a formación de numerosos artistas españoles. Neste sentido destaca a aportación feita polas academias de Belas Artes de Madrid e de Zaragoza.













E ademais


A mostra, no seu percorrido cronolóxico por unha etapa tan amplia da arte moderna, recolle tamén influencias e movementos de diferentes partes do mundo. Por ese mesmo motivo o visitante poderá atopar paisaxes tardorrománticas influidas polo realismo. Ademais das mostras do británicos Pritchard, Dobbin e Pollentine, que recollen a pintura da paisaxe e que xa están moi influidos polo realismo.