A obra de José María Lugilde comparte protagonismo cos libros na Coruña

Cuestión de técnica

Compañeiros de excepción. A biblioteca pública coruñesa "Miguel González Garcés" conta desde hoxe e ata o vindeiro 3 de novembro cun fondo de expceción. Son os cadros do pintor José María Lugilde que forma parte do circxuito de exposicións intinerantes que promove a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. E xa que falamos de exposicións e de pintura, na cidade herculina os afeccionados a arte teñen estes días numerosas citas: a Galicia rural de Nélida López, o surrealismo de María Isable Pintado e as representacións pantasmagóricas de Carlos Barcón.

José María Lugilde




Da man da Consellería de Cultura, dentro do seu ciclo de exposicións itinerantes, José María Lugilde entra na biblioteca pública coruñesa. Unha mostra titulada "Arredor da configuración" e que amosa o coñecemento da técnica do debuxo que ten o autor. Cunha ampla e curtida traxectoria pictórica, , Lugilde consegue narrar suxerentes historias que teñene sempre como denominador común o home liberado e espido en contacto permantente coa naturaleza, coa verdade e coa luz. Unha creación artística que está dotada de numerosa sensualidade e imaxinación.













A Galicia profunda de Nélida López




A Asociación de Artistas abre as súas portas á obra de Nélida López Mirás. Unha serie de 44 óleos que recupera, a xeito case documentalístico, obxectos e pequenos enseres empregados na Galicia tradicional. Desde unha óptica realista, Nélida López pretende afrontar unha visión nostálxica dunha realidade rural que está a piques de desaparecer. Unha exposición que estará ata o día 14 de outubro con horario de 8 a 10.










Ismos


O hotel Meliá María Pita colga estes días a obra de Isabel Pintado. Unha mostra plagada de formas xeométricas, que pretenden debuxar, de xeito surrealista, soños. Un universo privado que estará a disposición do público ata o 31 de outubro.
E desde Uruguay chega a obra de Diego Díaz Berta, e que se exhibe ata o vindeiro día 24 no Casino del Atlántico. Unha mostra que ofrece un xogo de liñas xeométricas moi influenciadas polo constructivismo e que transmite mensaxes simbólicas do seu mundo persoal.