O Concello de Ferrol crea un programa de cine para promover o audiovisual na cidade

Ferrol vólvese de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ferrol conta só cun único cine (que ten dúas salas) e a actividade audiovisual na cidade pasa por horas baixas. Por ese motivo, o concello e a asociación “Axente cultural” estrean hoxe un programa que pretender darlle a volta a situación. Chámase “Primavera de cine” e pretenden que cada mércores ás 20:00 horas se emitan dous traballos audiovisuais: unha longametraxe en versión orixinal subtitulada máis outro proxecto breve como unha curtametraxe ou un documental. Ademais, cada mes as proxeccións xirarán ao redor dun tema. Este mes versarán sobre a música, en maio sobre o amor e o desexo e en abril sobre a animación. Hoxe inaugura o ciclo “Ecos” e a película “The devil and Daniel Johnston. Ademais, o creador ferrolán Rubén Coca será o encargado de abrir a proxección.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Concello de Ferrol, Documental, Animación

Claves

Lugares