Olalla Cociña e Rafa Villar gañan senllos premios poéticos en Sarria e Ourense

Poéticas premiadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A xornalista e poeta Olalla Cociña (1979, Viveiro) ven resultar gañadora do prestixioso Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño na súa oitava edición. O xurado reunido na casa do Concello de Sarria o pasado día 29 de marzo acordou por unanimidade conceder o premio ao libro presentado baixo o lema “Xardín de terra” que resultou da autoría de Olalla Cociña. No mesmo día a unanimidade tamén foi a nota que marcou a decisión do xurado do XXIV Premio de Poesía Cidade de Ourense, que decidiu dar por gañador do mesmo ao poeta Rafa Villar (1968) pola súa obra “Migracións”. O xurado, integrado por representantes do Grémio Literário de Vila Real (Portugal) así como por Francisco Xosé Fernández Naval, Teresa Devesa Graña e Maria Luísa Calvo Cid, destacou "o carácter intenso e comprometido, así como a música e ritmo interior que se inicia no primeiro poema e se mantén constante até ao final do libro".

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olalla Cociña, Rafa Villar, Ourense, Poesía...