Raúl Pereira gaña o I Premio Auditorio de Galicia que galardoa ós novos valores

Auditoría

A facultade de Belas Artes de Pontevedra fixo un pleno na lista de gañadores do I Certame Auditorio de Galicia. De feito, os cinco galardoados cursaron estudios na facultade pontevedresa e os seus traballos destacaron pola cualidade e pola técnica empregada. O primeiro premio, dotado con un millón de pesetas, recaeu en Raúl Pereira, os accésits foron para Celia Lago, Patricia Dopico, Álvaro Negro e Reboiras. Logo da entrega de premios o alcalde compostelano, Xosé Sánchez Bugallo, foi o encargado de inaugurar a mostra que ata o 18 de novembro se expoñerá no Auditorio de Galicia.

Para os novos valores




Un total de 120 obras participaron na mostra do Certame Auditorio de Galicia. Unha abultada presencia para un evento que celebraba a súa primeira edición. Da gran cantidade de obras presentadas resultaron gañadores cinco artistas formados na facultade de Belas Artes de Pontevedra. Un feito que fixo destacar do seu traballo, segundo membros do xurado, pola cualidade da súa obra e da súa técnica.

O primeiro premio dotado con un millón de pesetas recaeu no xove pontevedrés Raúl Pereira. Os accésits, con 200.000 pesetas, foron para Celia Lago, Patricia Dopico, Álvaro Negro e Reboiras.












Mostra con premio


Entre todas as obra recibidas o xurado decidiu facer unha escolma e, con ela, montar unha exposición que prologase a este certame. Deste xeito, unha vez rematado a entrega de premios deuse paso á inauguración da tamén I exposición de Novos Valores do Auditorio. Unha mostra na que o público terá un protagonismo destacado, xa que cos seus votos premiará a unha obra. Será o premio dos espectadores e que recibirá 200.000 pesetas ó finalizar a mostra.










Xurado


O xurado de decidiu os premios desta obra estivo formado por Isaac Díaz Pardo, artista; Manuel Quintana Martelo, que é artista e Presidente da Asociación de Artistas Plásticos Galegos; Silverio Rivas, artista; Alberto Ruíz de Samaniego, crítico de arte e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Rosario Sarmiento, Coordinadora de Actividades Artísticas da Fundación Caixa Galicia;. María Luisa Sobrino Manzanares, catedrática de Historia da Arte da Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela; e o Presidente do Consello Directivo do Auditorio de Galicia; e actuou como Secretario deste xurado Silvia Modia, Directora-Xerente do Auditorio de Galicia.