A análise da Sociedade do Coñecemento abre os foros de debate do Consello da Cultura

Empezar polo coñecemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Estamos acostumados a escoitar que a sociedade actual é a do coñecemento, e que a globalización é a súa pedra angular. Non é casual que o Consello da Cultura Galega tentase reflexionar sobre elas no primeiro dos foros de debate que ten programados para celebrar os seus vinte e cinco anos de existencia. O presidente da institución, Ramón Villares, presentou hoxe este primeiro foro, que terá lugar os vindeiros 3 e 4 de abril, e lembrou que “orientar sobre o rumbo de cultura, ademais de preservala, forman parte das obrigas deste organismo asesor”. Domingo Docampo é o encargado de coordinar este primeiro encontro que, segundo explicou, “atenderá a tres piares básicos: a tecnoloxía, a sociedade e a economía”.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Tecnoloxía, Economía, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas