Uxía Senlle presenta en concerto o seu novo disco en Compostela

Uxía embárcase cun novo disco

14/3/2008 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Con “Eterno navegar” Uxía Senlle, máis coñecida só por Uxía, presentou o seu quinto disco en solitario esta semana aos medios e mañá fará o propio ao público en xeral. Composicións de letra e música propias mestúranse con interpretacións sobre poemas de Celso Emilio ou Curros Enríquez. No seu espectáculo estarán presentes, de igual xeito que no disco, a poesía, a fotografía e outras linguaxes de expresión artística. O álbum gravouse en Sintra (Portugal) e para el contou con diversas colaboracións como a de Paulo Borges, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Quim Farinha, Anxo Pintos, Manecas Costa, Filipa Pais e Rui Veloso entre outros. Durante a actuación deste fin de semana no Ciclo Sons da Diversidade de Compostela, Uxía estará acompañada por algúns destes colaboradores. En “Eterno Navegar” a voz de Uxía percorre camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos, partindo da tradición e das atmosferas da súa orixe. O disco está editado pola discográfica francesa Harmonía Mundi.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxía Senlle, Uxía Senlle, Guadi Galego, Espectáculo...