O disco Diacronías de Lizgairo gaña o VIII Premio Opinión de folk

O debut como trío dos veteranos músicos venceu por un só voto ao disco de Uxía

30/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O xornal La Opinión ven de facer público o palmarés final da oitava edición dos premios de música folk que patrocina. O álbum Diacronías (Falcatruada, 2008) do trío Lizgairo formado por Anxo Pintos, Rodrigo Romaní e Xosé Liz acadou este ano o máximo recoñecemento en base á puntuación outorgada polos sete críticos musicais que formaban o xurado. O disco é o primeiro desta formación malia que os seus tres compoñentes son músicos de longa e consolidada traxectoria na escena folk a través de grupos como Milladoiro, Berrogüetto, Entre Trastes ou Sonde Seu, algúns deles anteriores gañadores deste premio. A só un voto deles quedou o disco Eterno navegar (Harmonia Mundi, 2008) de Uxía e algo por atrás quedou A quinta das lágrimas (PAI, 2008) de Milladoiro.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Milladoiro, Xosé Liz, Rodrigo Romaní...

Claves

Conceptos
Lugares