O centro de cultura Carvalho Calero dá unha oportunidade ós mozos

Irrupcións

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Logo do éxito do proxecto cíclico "Miradas Virxes" que organiza o Torrente Ballester, o centro Carvalho Calero presenta outro novo. Chámase "Irrupcións" e centra os seus obxectivos en potenciar os novos valores da comarca de Ferrol. É, segundo o responsable de Cultura do Concello, Bonifacio Borreiros, "unha maneira diferente de concebir a realidade plástica de Galicia".

Máis que unha exposición


Con este novo proxecto que bota a andar a concellalía de cultura ten un duplo obxectivo. Por unha parte serve de plataforma de despegue de todos os novos valores para "que se sintan representados na cidade". E o segundo cometido é o de converter ó centro de cultura Carvalho Calero nun centro de importancia dentro do mundo das Artes Plásticas.





Primeiro chanzo: Paula Aneiros


A encargada de inaugurar este ciclo de exposicións é a ferrolana Paula Aneiros (Ferrol, 1977). Licenciada en Belas artes na especialidade de Pintura, estréase presentando unha colección individual cun acusado matiz intimista.
Malia que é a primeira vez que fai unha exposición individual é ben coñecida nos circuitos artísticos. Participou no IV Concruso de Pintura Piñeiro Pose, na mostra colectiva Art Xove, na V Bienal de Laxeiro de Lalín e, entre outras, na exposición "Xeración 2000".
No seu haber tamén figuran numerosos premios, entre os que destaca a XI edición do Concurso de Pintura Bello Piñeiro, así como numerosas bolsas (Novos Valores, a Fundación Rodríguez Acosta, Bolsa Talens de Axuda á Investigación)




E o ciclo continúa


A obra de Paula Aneiros permanecerá exposta ata o vindeiro 29 de setembro. Despois será substituída pola obra dos outros tres participantes que forman parte desta iniciativa. Sucédena Carmen Bellas, Diego Vázquez, Gloria Rodríguez e Sabel Martín. Deste xeito Irrupcións estará "en carteleira" ata finais deste ano.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Ferrol, Laxeiro, Belas Artes...