O parlamento aproba o proxecto de lei que declarará ás illas Parque Nacional

Illas do atlántico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As Cíes, Ons e Sálvora compoñerán o chamado Parque Nacional da Illas Atlánticas. O primeiro proceso deste proxecto de lei foi aprobado no Parlamento co apoio de tódolos grupos da cámara, malia as pretensións socialistas moito máis ambiciosas. Agora só resta a aprobación do Congreso para tramitarse como proposición de lei.

Composición

Malia que o proxecto foi aprobado por tódolos grupos da cámara había diferencias importantes entre os diferentes partidos. O grupo da oposición ofrecía unha proposta moito máis ampla, xa que pretendía integrar dentrodo parque nacional de Galicia ás illas Sisargas, Lobeiras e Cortegada, petición ás que o PP alegou imposible por razóns de distancia e por motivos económicos. Segundo o proxecto de lei un total de 2.772 hectáreas protexidas compoñen a supeficie total deste parque nacional, o primeiro que se desenvolve en Galicia.


Proxecto de Conservación da Natureza

O Consello da Xunta aprobou un texto para a creación dun Catálogo Galego de Especies ameazadas e dun Rexistro de Especies de Interese Galego. Un proxecto que será remitido ó Parlamento para a súa tramitación ordinaria. Uns documentos que desenvolven aspectos contemplados no proxecto de Lei de Conservación da Natureza Galega.


Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ons, Atlántico, Sálvora, Cíes...

Claves

Conceptos