O Congreso convertirá a Ons, Sálvora, Cíes e Cortegada en Parque Nacional

Un trece histórico

Parece que agora sí. Logo de que hai uns meses o proxecto de convertir ás Illas Atlánticas en Parque Natural quedase paralizado no Congreso. Trala aprobación por parte da comisión de Medio Ambiente do Congreso só deberá pasar polo trámite do Senado. Non haberá modificacións e iso implica que o proxecto que se aprobará no vindeiro mes de xuño só admitíu unha emenda ó proxecto inicial auspiciado pola Xunta. E iso implica incluir na lista a Cortegada. O proxecto desoe así a petición da oposición e dos grupos ecoloxistas de ampliar a rede de espacios.

Proxecto definitivo

Só falta que se aprobe no Senado, e iso será para xuño e para cando isto suceda non está previsto que o proxecto sufra modificacións. Por iso o proxecto definitivo fai caso omiso das peticións do PSdeG, e o BNG e dos grupos ecoloxistas que presentaron en febreiro unha serie de emendas que pretendían que a declaración de Parque Nacional ocupase unha área xeográfica moito máis ampla atendendo ó seu valor ecolóxico. A isto tamén se inclúe o feito de que a proposta de incluir as lllas Sisargas, San Simón, Lobeiras e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo se quede fóra do proxecto.
O proxecto definitivo inclúe 2.772 hectáreas repartidas en tres arquipélagos e a illa de Cortegada (que foi a única concesión feita ás emendas dos grupos da oposición). Forman o décimo terceiro Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas:
- Aquipélago das Illas Sálvora: un espacio marítimo terrestre formado por illas e islotes que teñen 242 hectáreas emerxidas
-Arquipélago das Illas Ons: é un espacio marítimo terrestre que abrangue as Illas Ons e de Onza e que pertence ó concello de Bueu.
- Arquipélago das Illas Cíes: ocupa xeograficamente as Illas do Monte Faro, Monteagudo e San Martiño. Son as que máis espacio ocupan con 1.000 hectareas (con 446 hectáreas emerxidas).
-Illa de Cortegada é a última en incorporarse ó proxecto. Ten unha superficie de 5 hectáreas e está situada no interior da ría de Arousa, fronte á vila de Carril.
Polo demais, no Congreso onte tamén se aprobou unha emenda de Coalición Canaria que pide que cambie o nome do "Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia", para que ninguén as confunda coas illas canarias. Con el, será o décimo terceiro parque nacional declarado en todo o Estado Español.











Significación


A partires d eagora isto implica que en Galicia se desenvovlve o primeiro parque nacional o que supón un fito para o desenvolvemento do espacio natural de Galicia. E este cambio de denominación supón un cambio nas medidas de xestión e no financiamento (que se pasaría a incluir nos presupostos xerais do Estado), e nas medidas de protección deste tipo de figuras (restricción no número de visitas, as súa vixiancia) así como a investigación relativa a calquera das especias que habitan no Parque Natural.
Para as zonas que quedaron excluidas deste proxecto quedarán integradas na Rede Natura, e iso implica que están afectadas pola Lei de Costas ou porque forman parte do parque natural de ámbito galego (que acaba de incorporar á ourensana Serra da Lastra hai unhas semanas).