A nivel cuantitativo “Pep Palau von Arend & Associats”, organizadores do Fórum, consideraron unhas cifras claramente superiores ao agardado: 15.000 visitantes, 703 congresistas, 150 firmas en 70 casetas e 800.000 visitas no sitio web. Pero, na súa opinión, o mellor foron as cifras cualitativas, que se traduciron nos eloxios de Ferrán Adriá e Carme Ruscalleda, cara a variedade e calidade dos produtos agroalimentarios galegos. Uns resultados que determinaron que, desde Turismo de Santiago e a ConcellarÃa de Promoción Económica e Turismo, impulsores da iniciativa, xa anunciasen a vindeira cita do Forum en Santiago para 2010 (en 2009 terá lugar en Girona). Para daquela, explicou Xosé Manuel Iglesias, buscarase unha nova situación para a feira, xa que a capacidade do Palacio de Congresos foi insuficiente. O que aÃnda non teñen avaliado desde o concello é o impacto no turismo desta edición.