Ánxela Bugallo explica Agadic e xustifica o gasto na Feira do Libro da Habana

Explicar a cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A cultura anegou onte o Parlamento por dúas vías: a Feira do Libro da Habana e Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais. E a conselleira Ánxela Bugallo estivo a explicar ambos os dous proxectos. No primeiro caso, Bugallo explicou que o custe de asistir como país convidado á feira cubana ascendeu á “cifra provisional” dun millón de euros, que xustificuou na importancia de amosar a riqueza cultural nun “escaparate para toda latinoamérica”. A viaxe, que contou con 250 convidados e agasallou 400.000 libros, eclipsou o debate en torno ao proxecto de reforma da lei do IGAEM para convertelo en Agadic, que superou as emendas á totalidade do Partido Popular e continúa o seu trámite parlamentario.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Feira do Libro, Partido Popular, Axencia Galega das Industrias Culturais...