Galicia asina acordos con Cuba para a formación audiovisual e a dixitalización de arquivos

Cinema e arquivos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A presenza galega na Feira do Libro da Habana segue dando que falar. A Consellaría de Cultura anunciaba esta fin de semana a sinatura dun acordo coa Escola Internacional de Cine de Cuba. Por este convenio, os dous países realizarán actividades de intercambio nos eidos da formación e da distribución de produtos audiovisuais e abren a porta ao desenvolvemento conxunto de proxectos. A maiores, o pasado venres a conselleira Ánxela Bugallo e mais o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaban un protocolo co Instituto de Literatura e Lingüística polo que dixitalizarán os fondos galegos que conserva este organismo cubano.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Cine, Ánxela Bugallo, Ramón Villares...