Dous bosques ameazados aspiran a ser os primeiros Espazos Privados de Interese Natural

Protexer para salvar

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Os propietarios do bosque da Casa Grande da Fervenza, no Corgo, e do Pazo de Cascaxide, en Silleda acaban de presentar a solicitude para que estes conxuntos arbóreos sexan declarados Espazos Privados de Interese Natural. Estas son as primeiras solicitudes que se realizan desde que en 2005 se estableceu esta figura de protección. Nos dous casos trátase de bosques autóctonos con especies coma acivros ou carballos centenarios que se viron afectados nos últimos anos por talas irregulares e outras ameazas. Na actualidade o Pazo de Cascaxide ten pendente a suspensión definitiva dunha tala que a propietaria non autorizou.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silleda

Claves

Lugares