Supoñamos que somos propietarios dun bonito bosque que conta ademais cun feixe de especies autóctonas ou protexidas. E que queremos que estea a salvo de talas e de agresións varias. A priori, dirÃase que sendo donos do bosque, podemos decidir protexelo como a nós pareza. A pasada semana, dous propietarios presentaban as primeiras solicitudes para que os seus bosques sexan declarados Espazos Privados de Interese Natural. Canda a estas hai outras iniciativas particulares que apostan pola protección do medio.
Tiveron que pasar case tres anos desde que o decreto 124/2005 crease a figura de Espazo Privado de Interese Natural para que se presentasen as primeiras solicitudes de protección deste tipo. Na segunda semana de febreiro, os donos do Bosque da Casa Grande da Fervenza e mais o Bosque do Pazo de Cascaxide presentaban ante Medio Ambiente as propostas para que estas propiedades sexan protexidas.
Propostas
No primeiro caso, a solicitude afecta a un bosque de asolagamento situado nas beiras do rÃo Miño no concello de Corgo, dentro da Reserva da Biosfera, propiedade da empresa que xestiona a Casa Grande da Fervenza, un establecemento de turismo rural situado na veciñanza. Neste espazo distintas especies conviven con bosques de carballos centenarios entre os que se agochan pequenas pozas naturais. Os valores ambientais da zona foron recoñecidas e novembro de 2007 co premio Bosque do Ano na categorÃa Bosque Ameazado que entrega o Ministerio de Medio Ambiente canda á ONG Bosques sen Fronteiras. A segunda proposta, o bosque do Pazo de Cascaxide, en Silleda, é unha masa forestal composta fundamentalmente de carballos e piñeiros de grande idade que conta demais cunha das principais concentracións de acivro na provincia de Pontevedra. Nesta ocasión, o espazo aspira á edición 2008 do premio que xa levou o seu compañeiro na solicitude. “É un bosque que sempre estivo unido ao pazo, o que constitúe un conxunto moi escaso”. Sempre estivo aberto. O único aproveitamento que se fixo del foi o da leña”, explica LucÃa Espinosa, propietaria destes bens. “A existencia dos acivros, ademais, favorece tamén unha riqueza interesante de fauna”, lembra.
Agresións
Como se pode imaxinar pola categorÃa destes premios, detrás da iniciativa existen historias de agresións aos valores naturais dos espazos que poñen en perigo a súa singularidade. Segundo Nelson Pérez, propietario da Casa Grande da Fervenza, as ameazas foron constantes para o bosque anexo foron constantes no último medio século. A risco de ficar mergullado pola construción do encoro dos Peares seguiron talas intensas na zona durante os anos sesenta, para continuar nos últimos anos co soterramento de varias lagoas da zona por mor do establecemento dunha ruta de sendeirismo. Un incendio e novas talas irregulares foron as últimas ameazas, e acabaron de decidir os seus propietarios a solicitar a súa protección coma Espazo Privado de Interese Natural.
Interese
No caso do Pazo de Cascaxide, a ameaza xurdiu este mesmo inverno cando a usufructuaria do bosque autorizou unha tala sen permiso da propietaria. A rápida actuación desta reclamando ante as consellarÃas de Medio Rural e Medio Ambiente a paralización inmediata destes traballos permitiu polo momento salvar parte da masa arbórea. Agora o proceso está suspendido á agarda da resolución de Medio Ambiente sobre a protección desta área. Como é de supor, no caso deste establecemento, o feito de contar ao carón cun espazo desta entidade non deixa de ser un valor engadido para o negocio. Pola súa banda, segundo asegura LucÃa Espinosa, “os meus intereses son de protección absoluta, por motivos ecolóxicos e sentimentais”.
Limitacións
Debemos pensar que, de conseguir a declaración á que aspiran, os propietarios actuais e futuros verán restrinxidas as posibilidades de explotar o terreo. Talas, construcións e calquera actividade que poida afectar os valores ambientais do mesmo quedarán supeditadas á autorización de Medio Ambiente. “Queremos protexer estes espazos ata de nós mesmos”, explica Espinosa. Ademais, deberán desenvolver un plan de xestión do mesmo no que garantan o acceso público ao espazo. A administración, pola súa banda, para alén de vixiar da protección real destes espazos, poderá achegar axudas para a conservación. “Pensamos que non houbo solicitudes antes porque realmente esta declaración supón un gravame á propiedade. É como ter unha parcela e decidir que non queremos que sexa urbanizable, para moita xente é hipotecar a propiedade para o porvir, e moitos non saben que existe esta posibilidade”.
O proxecto Ridimoas
O proxecto de Asociación Cultural Ridimoas é unha iniciativa privada de protección ambiental pioneira do paÃs. Desde 1988 este colectivo está a adquirir aos poucos parcelas forestais no bosque que lle dá nome, e supera xa as 300 hectáreas de titularidade, que protexe coa figura de Refuxio de Fauna. No entanto, os seus promotores non teñen polo de agora previsto acollerse á figura de Espazo Privado de Interese Natural. “Coñecemos esta figura, pero polo momento non a imos solicitar. AÃnda nos resta por mercar bastante terra, entón se facemos xa unha declaración de conservación subirÃanos o prezo das outras parcelas, mentres que agora está xa estabilizado”, explica Pablo RodrÃguez “Oitabén”, un dos directivos deste proxecto. Deste xeito, o espazo consérvase coma refuxio de fauna e vedado de caza e pesca.
O futuro
Desde Ridimoas están convencidos das posibilidades encol da protección privada do medio, e confÃan en que no futuro se incremente este tipo de iniciativas. “Penso que vai ir moito por aÃ, porque o abandono do campo fai que vender as terras lles permita aos propietarios recuperar parte do investimento”, explica RodrÃguez. “É unha fórmula interesante porque minimiza os conflitos da protección cos propietarios. En Cataluña a Fundación La Caixa fai actividades deste tipo, o Ministerio de Medio Ambiente mercou terras nas proximidades de Doñana e houbo outros colectivos do estado que adquiriron terras para protexelas”. De calquera xeito, recoñece que manter este tipo de espazos é moi laborioso. Na actualidade, en Ridimoas están a limpar o bosque e eliminar especies vexetais invasoras. A isto súmase o traballo de abrir pistas, organizar o territorio e, no caso de Ridimoas, levar un exhaustivo control da flora e da fauna local. De feito, este colectivo iniciará en breve unha serie de publicacións encol destas cuestións.
Nese mesmo sentido está en marcha a proposta da Obra Social de Caixa Galicia, que mediante o seu Fondo Natural destinou o pasado ano corenta millóns de euros á adquisición de terras con vistas á súa protección. DirÃase que é o momento da protección privada do medio.