As BDs sitúanse como as obras máis prestadas en bibliotecas municipais da Coruña

Éxito bibliotecario

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Dez das doce obras máis prestadas na biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña ao longo de 2007 foron BDs. Segundo nos informan desde este centro, “Fruits Basket”, con 262 préstamos,”Inu Yasha”, con 249 e “Saint Seiya. Los caballeros del zodiaco” con 191 encabezan a lista. Ao tempo, na outra biblioteca municipal herculina que está a traballar especialmente o ámbito da BD, a do Fórum Metropolitano, tamén tres cómics encabezan a lista de obras máis prestadas ao longo de 2007. Máis concretamente foron “El lobo solitario y su cachorro”, “Monster” e “Buda”, con 154, 146 e 55 préstamos respectivamente as que tiveron máis éxito, o que amosa o predominio do manga entre os usuarios.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Fórum Metropolitano

Claves

Conceptos