Diferentes tradicións enchen de festa todo o país nestes días de Entroido

De cabeza ao entroido

4/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
27 lecturas | Compartido 0 veces
Marca o inicio da primavera, a fin do inverno, e con isto, a época de facer trasnadas, de lucir máscaras, a desorde, ou ir en contra da norma establecida. O Entroido galego ten trazos característicos que lle imprimen unha personalidade propia, aproveita estes días de festa co noso repaso polas tradicións culturais máis destacadas.
As máscaras Unha reportaxe sobre os xigantes e cabezudos, unha curiosa historia que tamén ten a ver coas máscaras tradicionais do noso Entroido. Un entroido con oso A figura do Oso fai do Entroido de Salcedo unha festa única no noso país, que mantén grandes paralelismos co coñecido "Día da Marmota" de Estados Unidos. Filloa ou crepe? Descubre as diferenzas desta sobremesa típica de entroido Os disfraces máis orixinais Existe toda unha variedade de xeitos de se disfrazar menos elaboradas e pouco coñecidas que tamén pertencen á nosa tradición. Coñécea! Todo o que sempre quixeches saber e nunca te atreviches a preguntar Pregúntalle ao noso boteiro todo o que queiras sobre o Entroido Os xenerais menos autoritarios O enfrontamento entre correos e xenerais, un clásico que se recupera todos os anos E nas cidades? Tema do día sobre a recuperación de entroidos tradicionais en ámbitos urbanos (son os casos de Pontevedra, a festa da Pita en Ourense ou o Escabicheiro do barrio vigués de Teis) As tradicións piden paso As gárgolas de Celanova, a recuperación da figura do galo en Poio ou de tradicións coma o domingo de piñata en Marín, estase a ver un retorno cada vez maior ás formas tradicionais do Entroido lonxe de imitar os modelos foráneos de grande fama coma os carnavais de Tenerife ou do Brasil.

Universo culturagalega.gal