Sinsal repite a súa programación no Salón Teatro achegando a música máis vangardista

Sinsal esténdese

30/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As propostas menos coñecidas, pero máis arriscadas e innovadoras do panorama musical volven ter cabida no Salón Teatro de Santiago. É grazas á colaboración que este espazo xestionado polo Centro Dramático Galego e o colectivo Sinsal desenvolven co nome “Extensión Salón Teatro”. Matt Valentine & Erike Elder with The Golden Road e os galegos Igloo (31 de xaneiro), Michael Gira e (r) (23 de febreiro) e Baby Dee e O Fillo Pausado (8 de marzo) compoñen o cartel desta edición.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Teatro, Salón Teatro, Igloo...