Caixa Galicia achégase á pintura de Sorolla nunha mostra itinerante

Os contemporáneos

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Joaquín Sorolla, pero tamén Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Cubells. Son os nomes da exposición “Sorolla e os seus contemporáneos”, que achega a plástica da xeración artística do cambio de século (do XIX ao XX). A mostra exhibirá ata o vindeiro 30 de marzo na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol un total de sesenta obras que chegan da colección de pintura española do Museo de Bellas Artes de La Habana. A mostra viaxará en abril á sede que a institución ten en Santiago.

Máis información no web da Fundación

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia