Caixa Galicia achegará unha escolma de Sorolla mentres a mostra de Bancaja sobre o autor non vén ao país

As cousas de Sorolla

O acordo entre a Fundación Caixa Galicia e o Museo da Habana permitirá achegar en 2008 ao noso país quince obras de Joaquín Sorolla no marco da exposición “Sorolla y sus contemporáneos”. Pola contra, a grande exposición “Sorolla. Visión de España” que Bancaja moverá por todo o Estado ao longo dos vindeiros dous anos non visitará o noso país por mor de non atopar un centro axeitado. Segundo recoñece a Consellaría de Cultura, os únicos espazos que poderían acoller esta mostra son o CGAC ou o MARCO, cuxas políticas non contemplan acoller exposicións alleas.

Máis información sobre Sorolla e Caixa Galicia en El País; a mostra de Bancaja no Faro de Vigo