O Museo de Pontevedra completa a súa programación de verán coa nova exposición 'Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' que ven de inaugurar e que estará nas salas da institución ata o vindeiro 17 de outubro. A mostra reúne medio cento de pezas da Fundación Fran Daurel que poñen á muller como protagonista nos turbulentos anos da transición entre o século XIX e XX, cando o ámbito do feminino se convirte nun dos asuntos máis tratados pola modernidade. Esta exposición, comisariada por Helena Alonso, está formada por unha selección de creacións en forma de óleos, debuxos e esculturas de Renoir, Sorolla, Casas, Rusiñol, Nonell, Antonio Utrillo, Joan Cardona, Anglada Camarasa, Torres GarcÃa, BenjamÃn Palencia, Marti i Alsina, Joaquin Vayreda, DionÃs Baixeiras, entre outros artistas.
Todas elas trasladan ao público á época de efervescencia intelectual e de fondas transformacións sociais do cambio de século XIX ao XX e amosan a apertura que o universo feminino comezou a experimentar conquistando novos territorios que pintores e escultores quixeron plasmar de maneira natural. Para pechar a mostra, está dispoñible unha lista de reprodución musical de Spotify cun código QR na que se inclúen autores da época que musicalmente influÃron ou se viron inspirados por outras disciplinas creativas do momento: Manuel de Falla, Berthe Sylva, Félix Mayol, Erik Satie, e incluso Manuel Quiroga.
Do interior á conquista do exterior
As obras de ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla' están estruturadas en diferentes ámbitos. O primeiro é o da representación da muller no ámbito intelectual, que toma forza no cambio de século e fai que o tema da muller lectora sexa un dos máis tratados na pintura. Outro dos apartados é o dos espidos, que se manteñen como un dos ámbitos de representación femininos, con tres exemplos na mostra dos autores Masriera, Sorolla e un mozo BenjamÃn Palencia. Todos teñen intencionalidades diferentes marcadas polas tendencias pictóricas de cada momento, destacando entre eles o ‘Espido no diván amarelo', un dos escasos espidos de Sorolla, do que se pensa que a retratada é a súa muller Clotilde, quen non deixaba que modelos posasen para os seus cadros.
Seguindo o percorrido da mostra chégase ao apartado ‘Dentro', en referencia ao interior doméstico nas súas diferentes facetas para as mulleres, "que é o lugar onde moitos artistas seguÃan situando a representación do ámbito feminino", apuntou Alonso. Pásase despois a ‘A conquista do espazo exterior', onde se pode ver como a muller conquista a natureza, as praias, os teatros ou a propia cidade, idea claramente representada na obra de Antonio Utrillo ‘Dos Amigas', na que se ven dúas mozas, de noite, paseando polas rúas. O retrato é outra das seccións, debido á importancia dada pola burguesÃa daquel tempo, na que coexisten retratos tradicionais nos que se exaltaban valores de pureza aÃnda vixentes, outros nos que a moda era algo a destacar por parte dos pintores e outros con matices expresionistas. Finalmente, confróntanse as mulleres traballadoras, moitas veces acompañadas dos seus fillos e representadas con grande dignidade, e a Arcadia Soñada, unha visión das mulleres como as responsables de transmitir valores ás crianzas que xurdiu tralo fin da I Guerra Mundial.