O convenio asinado onte entre o Instituto de Crédito Oficial (ICO), a CRTVG e a Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI) permitirá que a productoras audiovisuais galegas poidan acollerse a créditos a baixo interese para desenvolver o seu proxecto. Por outra banda, durante esta semana estivo a rodarse en diferentes lugares do paÃs a curtametraxe "Xa", dirixida por Anxo Fernández.
Liña de crédito
Ata o trinta de xuño do 2003 as productoras audivisuais galegas poderán beneficiarse da liña de créditos a baixo interese cofinanciados polo ICO e a CRTVG.
Esta liña de axudas conta cun orzamento de nove millóns de euros que se repartirán entre dous exercicios. O primeiro destes exercicios chega a o 30 de xuño do 2002 e o segundo ata a mesma data do 2003.
A CRTVG comprométese, mediante este convenio a adquirir os dereitso de emisión das obras audivisuais de nova producción realizadas por empresas galegas, aÃnda que no acordo puntualÃzase que esa adquisición farase sempre en función da calidade e do interese para a televisión.
A cantidade que cubrirán os créditos non poderá superar o 75% do prezo dos ereitos de emisión da obra. O tipo de interese aplicable a estes créditos será o Euribor vixente máis unha marxe do 0,50% sobre o total.
Xa
O lucense Anxo Fernández estivo rodando durante esta semana a curtametraxe "Xa". O filme conta a historia dunha famlia urbanita que descubre o rural en Galicia. O filme, que está previsto que estea rematado dentro dun mes, foi rodado en Xalo, Cedeira e Caldas de Reis e conta coa participación da actriz catalana Assumpta Serna. Esta é a primeira pelÃcula que Anxo Fernández realiza como director, e terá unha duración de dez minutos.