TVG e o ICO asinan un convenio para favorecer o financiamento das producións audiovisuais

Créditos de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A TVG asinou onte un convenio co Instituto de Crédito Oficial, dentro das medidas estabelecidas para potenciar o sector audiovisual. Coa esta sinatura, a cargo dos directores xerais de ambas entidades, conséguese unha liña de crédito de nove millóns de euros e que supón unha liña complementaria de financiamento das producións. Este convenio aplícase ás obras audiovisuais producidas desde o 2003 até o 31 de decembro de 2005 e cuxos dereitos estén en propiedade da CRTVG. Con esta inxección económica, Francisco Campos plantexou que o reto do sector para os vindeiros cinco anos é conseguir exportar o 40% da produción que se realiza en Galicia.

Máis información en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, El Correo Gallego, CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)