Estúdiase a viabilidade de levar ó cine obras da literatura galega

Do papel ó celuloide

Xa se coñecen as primeiras obras literarias que a Asociación Galega de Editores, e a Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi) seleccionaron como as máis axeitadas para ser levadas ó cine. Unha selección que se realiza a partir dun convenio asinado por estas dúas entidades coa Consellería de Cultura e que pretende buscar na nosa literatura historias coas que potenciar o noso audiovisual.

O libros escollidos


Logo do estudio realizado pola Asociación Galega de Editores e por Agapi, xa se coñecen as obras literarias galegacon máis posibilidades de ser levadas ó cine. "Morning Star" de Xosé Miranda, "O xabaril branco" de Tucho Calvo, "Aquí xaceu un home" de Aníbal Malvar, "As rulas de Bakunin" de Antón Riveiro Coello, "O bandido Casanova", de Hixinio Puentes, "Bala perdida" de Manuel Rivas, "Reminiscencias de Bob Dylan" de Xosé Antonio Moreno e "A memoria erótica" de Carlos Velo foron as seleccionadas por estas dúas entidades.
A selección realizouse a partir da proposta de dous títulos por parte de cada un dos membros da AGE, propostas que foron filtradas por dous críticos literarios e por unha comisión na que estaban dous editores e a presidenta asociación. Finalemente foron dez títulos os remitidos á AGAPI, que se encargou de seleccionar entre eles os máis axeitados, elaborando un estudio de viabilidade sobre a adaptación cinematográfica de cada un dos títulos. Estes estudios serán enviados a todos os productores de Galicia para que determinen se levan á realidade algunha destas propostas.

Dunha idea a un convenio


A idea de crear esta canle de encontro entre literatura e cine xurdiu durante o ano 2000 no maxín de Miguel Anxo Fernández, membro da sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega.
Lodo de realizar diferentes xestións acadouse un convencio entre a Agapi, a AGE e a Consellería de Cultura. Mentres as dúas primeias entidades eran as encargadas de realizar as análises e selección das obras literarias máis susceptibles de adaptación, a Consellería aportaría máis de 30.000 euros para realizar eses estudios e divulgar os resultados dos mesmos.
Ademais de AGAPI está previsto que en breve participe deste proxecto a Asociacíon de Empregas Galegas do Audiovisual, recentemente creada.