As estreas de “Humor neghro” de Carlos Blanco e “Extrarradios”, de Teatro de Noroeste amplían a oferta teatral

Entre o humor e a periferia

14/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Un espectáculo humorístico e musical que une o galego Carlos Blanco co guineano Manecas Costas e que inclúe textos de Antón Reixa, Xosé Cid Cabido e de Zê Rui entre outros. Esta é a proposta de “Humor neghro”, o novo espectáculo que Carlos Blanco preestreou esta fin de semana en Cacheiras e que se estreará de xeito oficial en Pontevedra o vindeiro día 25. Pola súa banda, Teatro do Noroeste presenta o vindeiro mércores no Teatro Princiapl de Compostela “Extrarradios (comedia das mulleres desamparadas)”, unha estrea que narra o encontro entre unha mendiga e unha prostituta.

Máis información sobre Humor Neghro en El Correo Gallego; Estrarradios en Galicia Hoxe; máis sobre Teatro do Noroeste nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito