O teatro afeccionado é unha canteira de actores, un exemplo de dinamización cultural a nivel local e un xermolo de creación de público teatral. Son algunhas das características que ten o teatro amador e que salientan Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática) e Alberte Álvarez (presidente da Federación Galega de Teatro Afeccionado) en Galicia Hoxe a propósito das xornadas Cidadanía e Teatro que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Uns debates que conclúen hoxe co obxectivo de presentar problemas e apuntar solucións para a práctica actoral no noso país.
Máis información en Galicia Hoxe, no web da Asociación de actores e actrices de Galicia e na nosa hemeroteca; máis sobre teatro afeccionado nos nosos arquivos