José Luis Prieto presenta en Narón o primeiro espectáculo da súa nova compañía

Compañía propia

40 pasos. É o nome da nova compañía de Jose Luís Prieto, o autor teatral galego que conta no seu haber con dous premios Max. A nova agrupación presentará en Narón os vindeiros 25 e 26 de xaneiro o seu primeiro espectáculo “O ridículo desamor dun home máis ou menos normal”. A representación é unha das montaxes que inauguran a temporada do auditorio de Narón, que se estrea o sábado con “Rebeldías posibles”, a cargo da compañía madrileña Cuarta Pared.

Máis información no Diario de Ferrol e sobre Jose Luis Prieto na nosa hemeroteca