A semana ábrese á arte cunha performance e tres exposicións

Peregrinacións e pintores

A praza da Quintana de Santiago de Compostela acollerá mañá a performance "Pilgrimage to Santiago" do chinés Zhang Huan. Segundo o artista, esta montaxe pretende reflectir o absurdo da sociedade actual. Ademais, o pintor Simón Pacheco vén de estrear unha mostra dos seus traballos no Colexio de Arquitectos da Coruña e Javier Gerardo Pérez expón en Marín.

O Camiño Chinés




Zhang Huan introducirase mañá ás cinco da tarde nunha gaiola que comezará a abanear nun movemento semellante ó do botafumeiro. Será na praza da Quintana e forma parte da performance coa que este artista rexeita o estilo de vida actual e reclam aun reencontro co corpo e o interior. Ademais da súa actuación, Zhang Huan abrirá mañá unha exposición dos seus últimos traballos no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. A mostra inclúe obras de pintura, escultura, video e fotografía e poderá verse ata o día oito de xullo.













Simón Pacheco



O crecemento coma proceso organizativo no espacio e no tempo é o tema que une os últimos traballos de Simón Pacheco, que se expoñen no Colexio de Arquitecto da Coruña. As súas obras, que mesturan fotografía e pintura, baséanse nunha repetición que para o autor "é a base do desenvolvemento das diferentes posibilidades de expansión do real". Para reflectir ese concepto, Pacheco recorre a imaxes de prantas en diferentes estadios de crecemento.













Javier Gerardo


Vinte cadros con grande colorido compoñen a mostar que se pode ver na sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia de Marín. Trátase dos cadros de Javier Gerardo Pérez, pintor que xa ten amosado as súas obras en diferentes centros da La Rioja, Pontevedra ou Madrid.