Galicia, Euskadi e Cataluña colaborarán en patrimonio, artes, industrias culturais e cultura popular

Traballo a tres bandas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os responsables dos departamentos de Cultura de Galicia, Euskadi e Cataluña realizaron esta mañá a chamada “Declaración de Compostela”, na que se comprometen a colaborar en materia de patrimonio, artes, industrias culturais e cultura popular e a elaborar programacións comúns. Para 2008 está previsto que se asine un convenio de colaboración que estableza as primeiras propostas concretas nun plan anual. Os tres responsables participan na reunión dos conselleiros de cultura das diferentes comunidades que se celebra no Hostal dos Reis Católicos coa presenza do ministro Molina.

Máis información no web da Consellaría

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cataluña, Euskadi, Reis Católicos, Reis...