Cultura destinará 66 millóns ao Plan das Artes Escénicas que inicia a segunda fase de elaboración

O teatro ten un plan (II)

12/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Anunciárono en marzo, a primeira fase tivo lugar en xuño e agora comeza a segunda, a que se encarga de fixar medidas concretas do falado anteriormente. Trátase do Plan Galego das Artes Escénicas, o documento que establecerá as políticas de actuación nesta materia por parte da Consellaría de Cultura para os vindeiros catro anos, e que está a definirse coa colaboración do sector. Entre as medidas que xa se saben está a partida orzamentaria que Cultura destinará a este fin, un total de 66 millóns, máis os eixes de actuación (dimensión sociocultural, fomento da creaación, promoción da industria, consolidación do mercado e promoción exterior). O Plan comezará a aplicarse en xaneiro de 2008, data para a que tamén teñen previsto que esté aprobado o convenio colectivo que regule aos profesionais deste sector.

Máis información no web do IGAEM e sobre o Plan na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, IGAEM, Teatro, Culturagalega

Claves

Entidades