O Centro de Estudos Turísticos salienta o potencial galego para o turismo cultural

A Cidade do Turismo

A Cidade da Cultura pode converterse nunha baza importante para consolidar o turismo cultural de Galicia. Segundo explicou Xosé Santos, director do Centro de Estudos Turísticos da Universidade de Santiago, este espazo ten un “potencial fantástico” para desenvolver un sector aínda minoritario pero que amosa un importante crecemento. A maiores, Santos incidiu na necesidade de apoiar os centros de arte contemporánea, alternar propostas locais e globais e mais aproveitar a arquitectura de vangarda coma valores para potenciar este tipo de visitas.

Máis información no Diario de Ferrol