A estas alturas do mes de decembro, a piques de finalizar a as programacións culturais e os eventos programados, as salas de exhibición comezan a facer balance da porcentaxe de éxito ou de fracaso da súa xestión. E isto é o que pasa estes dÃas no concello da Coruña, onde os últimos datos analizados ofrecen un despegue de asistencia ó teatro. Tanto que das 45.000 persoas que acudiron a calquera das salas na cidade coruñesa no ano 2000 se pasou ós 66.000 nesta edición. Un éxito de público que avala os cambios realizados en moitas das salas da cidade.
A Coruña, máis teatral que nunca
Os datos de asistencia ó teatro este ano 2001 son moito mellores na cidade da Coruña. Eses case 21.000 espectadores a maiores que houbo ata o momento no 2001, con respecto ó ano pasado, queceron as butacas dos múltiples escenarios polos que se recolleron os numerosos espectáculos e eventos programados este ano. E os maiores beneficiarios deste incremento de público foron o Teatro RosalÃa (cun 50% máis de público que o ano pasado) e, en menor media, o Forum (que elevou a súa cota de público nun 18%).
Son datos que poden respostar a un cambio de estratexia e de sistema con respecto á xestión realizada noutros momentos. De feito, a mellor xestión, a calidade da programación ofertada e tamén o labor de mecenazgo das entidades financeiras Caixanova e Caixa Galicia, son, quizais, as principais causas que avalan este incremento na asistencia ós espectáculos teatrais. Unha situación que mellorar a situación que se derivaba nos espectáculos o ano pasado, momento no que os eventos sobre as táboas eran moito menos frecuentados.
O principal escenario deste despegue definitivo lidérao o RosalÃa que programou este ano 36 espectáculos e 84 funcións. E entre todos estes eventos foron os de Moncho Borrajo (que atraeu a 9.000 persoas) e Els Joglars (con 2.102 asistentes) os que bateron récords de participación.
Os nenos tamén van ó teatro
Dentro destes bos resultados para o teatro na Coruña destaca tamén o feito do achegamento ós eventos teatrais por parte dos nenos. De feito, moitos dos eventos teatrais que se organizan na cidade da Coruña está preparados e estucturados para os máis novos. Deses 66.0000 espectadores, segundo a mesma fonte, uns 7.890 entradas compartiron as butacas dos escenarios ó longo destes anos. O principal orixe deste tipo de eventos foi un ciclo de teatro que organizou o Forum Metropolitano que ofreceu un ciclo de seis espectáculos a modo de historieta.