A Deputación de Pontevedra presenta unha BD sobre o castelo de Soutomaior

Soutomaior a cadriños

“Cómo entrar na historia do conxunto de Soutomaior” é o título da banda deseñada de 47 páxinas que presentaba esta mesma mañá a Deputación de Pontevedra dentro das súas últimas publicacións. A obra, que ten tamén unha edición en castelán, e da autoría de José Cid Doiro, pintor que xa abordara en 1987 unha versión en cadriños da historia do ente provincial. O Servizo de Publicacións da entidade poena á venda por seis euros. Ao tempo, tamén en Soutomaior, o estadio Multiusos de Arcade acollerá entre os días 26 e 27 desde mes un taller para que os máis novos aprendan como elaborar monedeiros ou carteiras a partir de páxinas de BD ou revistas.

Ficha da obra no web da Deputación; máis información en La Voz de Galicia; o obradoiro no web do Concello de Soutomaior