O INAEM incrementa o seu investimento en Galicia mentres o Ministerio de Cultura lanza unha batería de propostas

A hora do ministerio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os investimentos do Instituto Nacional da Artes Escénicas e Musicais en Galicia multiplicaranse por catro en 2008, alcanzando por primeira vez o millón de euros. Así o anunciou o director deste organismo, Juan Carlos Marset, que prometeu novas medras destes fondos nos vindeiros anos. Os equipamentos escénicos da Coruña, o Festival da Ópera e Festival Mozart, tamén nesta cidade, serán algúns dos beneficiarios da mellora. Ao tempo, o ministro de Cultura, César Antonio Molina, anunciaba esta fin de semana a creación dun Observatorio do Libro e da Lectura e mais do Consello de Cooperación Bibliotecaria, que quere favorecer a comunicación cultural entre comunidades. A maiores, e entre outras medidas, tamén se creará un plan para protexer o patrimonio mergullado.

Máis información sobre o INAEM en La Voz de Galicia; e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Inaem, Ministerio de Cultura, César Antonio Molina, Mozart...