Jorquera reclama no Senado uns investimentos que o INAEM xa anunciou

Reclamar o que xa foi

20/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Instituto Nacional das Artes Escénicas discrimina Galicia ao non investir máis de 150.000 euros anuais no noso país. Esta é a reclamación que realizou onte o Francisco Jorquera, senador do BNG, na Cámara Alta, apuntando que o trato desfavorable afecta tamén a festivais coma o da Ópera da Coruña ou o Mozart. A cuestión é que esta denuncia chega só tres semanas despois de que o INAEM anunciase que incrementaba o seu investimento en Galicia ata un millón de euros e apuntando precisamente o seu interese polos festivais líricos.

Máis información en Galicia Hoxe e en GZ Nación; o anuncio do INAEM nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Inaem, Mozart, Ópera, Artes Escénicas...

Claves

Protagonistas