Dúas mostras pictóricas e unha escultórica en distintas localidades

Cadros e esculturas

Unha selección do realismo poético dos cadros de Anne Guyonneau en Soutomaior, unha retrospectiva en tributo ó pintor lucense Rielo e as esculturas en cerámica de Ana Camba en Terra de Montes son as novidades en canto a exposicións estes días.

Guyonneau


O Castelo de Soutomaior acolle desde onte a primeira mostra de da pintora Anne Goyenneau en Pontevedra. Nela recóllense as últimas obras desta artista, que trata temas que van desde o home traballando a terra ta paisaxes franceses, chilenos e portugueses. O seu estilo, calificado coma naif, reflicte a súa formación autodidacta. Segundo ela mesma "pode considerarse realismo poético".













Homenaxe a Rielo


A Asociación de Artistas Plásticos Lucenses (APP) abriu onte en Lugo unha mostra en homenaxe ó pintor Gonzalo Pérez Rielo, falecido o pasado ano. Nesta exposición pode verse un percorrido pola obra deste pintor, prestando especial atención ó paisaxismo impresionista que acaparou grande parte da súa producción. Ademais de óleos poden verse na mostra cadros realizados en carbón, sanguina e acuarela.












Esculturas



A mostra itinerante "Textura e cor" da escultora ourensá Ana Camba chegará mañá ó Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes. Alí, e ata o día 17 poderán verse máis de vinte pezas de cerámica de cores realizadas en pastas refractarias, gres, esmaltes ou coiro entre outros materiais e modeladas coa técnica "de belisco", que combina o modelado a man e o manexo de placas co torno.