As exposicións consolíndase por todo o país como alternativa de ocio invernal

Un Nadal a cadros

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Os vinteseis artistas gañadores do VII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo en Sada. O pintor lucense
Otero-Yglesias en Lugo. Héctor Francesch e unha escolma de pintores do século XX na Coruña e Diego Xiráldez en Porriño. Exposicións por toda Galicia paras as semanas previas ó Nadal.

Colectiva no Museo Maside


Vinteseis artistas dos cento cincuenta e dous que se presentaron ó VII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo expoñen a partir de hoxe as súas obras no Museo Carlos Maside de Sada. Esta mostra recolle as máis variadas tendencias expresivas, e logo da súa estancia neste museo iniciará un percorrido itinerante por diferentes localidades do país para rematar engrosando os fondos da Deputación Coruñesa, entidade que convoca o premio e que adquiriu todas as obras seleccionadas por sete millóns de pesetas.




Reflexión sobre os museos



O pintor lucense Jesús Otero-Yglesias inaugurou onte no museo provincial de Lugo a mostra "Museo" que pretende ser unha reflexión sobre os propios espacios de exposición. A mostra, recollendo unha idea posta en marcha polo suprematista ruso Malevitch, cubre do teito ó chan as paredes das salas de exposición con sesenta e sete cadros de diferentes tamaños que Otero-Yglesias realizou nos últimos catro anos.

As obras amosan a persoal recreación que fai o autor da paisaxe, reflexionando sobre o propio proceso de creación da pintura paisaxística. A mostra permanecerá aberta ata o día trinta e un decembro.




Tres exposicións máis


Os cadros de Héctor Francesch, que o seu autor define coma "alegres" poden verse desde hoxe na sala Príncipe de Asturias das Escolas Populares Gratuítas da Coruña. Esta exposición amosa un distanciamento con respecto a anteriores traballos deste artista, e pode verse ata o vindeiro día vintedous.

Na mesma cidade a galería Arte e Imagen vén de abrir a mostra "Recordando el siglo XX" que ofrece obras de Colmeiro, Grandío, Seoane e Laxeiro entre outros a uns precios que oscilan entre as cento dez mil e o medio millón de pesetas, para que os amantes da arte poidan facerse un regalo de Nadal.

Máis ó sur, en Porriño, o centro cultural da vila acolle unha mostra do pintor realista Diego de Giráldez, que se apropia de fragmentos da realidade para amosar a súa percepción do mundo. A mostra estará aberta ata o quince de xaneirol, e na inauguración que se celebrará hoxe ás oito o pintor presentará o seu libro "A realidade e o seu espello".

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Ás veces…

Ás veces…

Héctor Francesch sintetiza a sociedade actual a través de personaxes anónimas con problemas reais

Os Isaacs de 2011

Os Isaacs de 2011

Presentamos algunhas das obras gañadoras do XII Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Nadal, Isaac Díaz Pardo, A Coruña...