Forcarei contará co primeiro telescopio destinado a divulgación científica

Máis ollos para o ceo

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Para mediados de 2008 está previsto que bote a andar o observatorio astronómico de Forcarei, que se está a construír na aldea das Casetas en terreos cedidos polos veciños. A instalación, que será a primeira aberta ao público e destinada á divulgación científica do país, contará cun telescopio de grande precisión e será xestionada pola Fundación Ceo Ciencia e Cultura, que conta co financiamento de Caixanova, a Deputación de Pontevedra e fondos Leader da UE. A Fundación agarda a medio prazo crear outro observatorio na Cañiza.

Máis información no Faro de Vigo; o noso tema sobre astronomía e turismo

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Turismo, Ciencia, Faro de Vigo...