Forcarei contará cun parque temático público especializado na astronomía

Centro de estrelas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
As condicións de altura, visibilidade e nivel lumínico, así como a súa situación céntrica en Galicia, acaban de valerlle ao concello de Forcarei (Pontevedra) ser a sede do futuro Parque Temático da Ciencia, especializado en astronomía e astrofísica. Así o fixeron posible Caixanova, a Deputación de Pontevedra, o concello forcaricense e a Fundación Ceo Ciencia e Cultura (FC3) máis unha achega do programa Leader Plus. Non é o primeiro centro destas características do país, xa que existe outro similar en Vila de Cruces, pero a súa peculiaridade é que este será público. O centro estará listo para o verán de 2009 e prevese que pasen por este complexo 4.000 persoas.

Máis información en Europa Press e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Forcarei, Ciencia, Europa, Galicia Hoxe...