O previsto Centro das Artes da Deputación da Coruña mudará de función e será finalmente a sede do Museo Nacional de Ciencia e TecnoloxÃa. O pasado venres asinábase o convenio entre os representantes do Concello, da Deputación e mais do Goberno Central polo que se acordou pór en marcha unha comisión mixta que estudará os contidos, competencias e fondos do novo centro. O Museo, actualmente situado en Madrid, abrirá na cidade herculina a finais do vindeiro ano, e será a cabeza da futura rede de divulgación cientÃfica estatal.
Máis información en La Voz de Galicia, en La Opinión e no noso tema sobre os Museos CientÃficos coruñeses