Todos sabemos que existen libros que se venden máis e libros que se venden menos. Que editoriais hai abondas e que de continuo atopamos laios sobre o pouco que se le. Ao final, semella que boa parte da problemática do mundo editorial está diante da páxina, na parte da rúa do escaparate: ¿Ata que punto condiciona o público a oferta? ¿Ou son as editoras as que inflúen os gustos dos lectores? ¿SerÃa todo diferente se nos guiásemos unicamente por esas opinións?
“Non penso que as editoras teñan que seguir necesariamente os gustos e as modas, se é que existen, do público”, expón Fernando Valverde, presidente da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros. “Máis ben penso que é ao revés. A demanda dos lectores acomódase á oferta editorial, e nese sentido, é afortunado que haxa moi diversos modelos editoriais en canto a tamaño e selección”, completa. Realmente, debemos considerar o mercado editorial, como tantos outros, ao xeito dun compromiso entre oferta e demanda, onde non necesariamente manda sempre o público. “Non penso que sexan os lectores os que deban decidir o que se edita, aÃnda que os editores teñen que estar atentos ao que se move en cada momento”, conclúe Valverde. A completar esta visión, Antonio G. Iturbi, subdirector da revista “Qué leer”, apunta que na actualidade a demanda está, en xeral, cuberta dentro do panorama estatal. “A oferta é absolutamente opulenta, e mesmo existe unha sobreoferta. Quizais o problema pode ser que haxa un exceso de libros e que iso desoriente o lector. O positivo disto é que hai para todos os gustos e, se un ten a paciencia de rastrexar entre os lanzamentos, pode atopar o que busca. Paréceme difÃcil que unha grande obra quede sen publicar”.
Estas e outras cuestións encol da parte mercantil do sistema literario debátense estes dÃas no Consello da Cultura Galega no marco Simposio da Asociación Galega de Editores, que transcorre co tÃtulo "Libro e mercado". Canda aos especialistas mencionados, representantes dos sectores editorial, crÃtico e académico analizarán desde diferentes puntos de vista esa vertente vital do mundo do libro.
Imaxinando a democracia
Podemos imaxinar que quizais, se atendésemos unicamente aos gustos dos lectores, só veriamos nas librarÃas versións do “Código Da Vinci” e “Os piares da terra”, novelas de espÃas, narrativa romántica e literatura infantil e xuvenil cunha lexión de Harry Potters ou semellantes. No entanto, para os coñecedores do tema, a situación non habÃa ser tan extrema. “Penso que os gustos dependen moito da sociedade lectora e a nosa, aÃnda que con hábito de lectura escaso, é madura”, apunta Valverde. De calquera xeito, este libreiro recoñece a importancia dos bestsellers no panorama actual. “Existen libros de enormes tiradas e moita difusión que conforman todo o universo de lecturas de moita xente. Por unha banda iso é bo, pero que a industria se tivese que pregar en exclusiva ás demandas dos lectores poderÃa ser algo perigoso para a cultura”, indica a perfilar un panorama no que “pode haber lectores que se conformarÃan cunha oferta composta exclusivamente polas obras que venden millóns de exemplares, pero non parece posible que se vaia producir iso”.
A democracia real
Pola súa banda, Antonio Iturbe non pensa que mudasen moito as cousas de se dar esa hipótese. “Penso que na actualidade hai unha retroalimentación que reflicte basicamente as necesidades dos lectores. Tamén é verdade que a base lectora, sen contar os lectores cun alto nivel cultural, pode reconducirse cara a certos xéneros, e as editoriais téntano. Pero ao final o libro é cousa dun só, e por moita mercadotecnia que haxa, se non interesa, péchase e non se le”. Con certeza, non é estraño que se dean sorpresas na maquinaria editorial. “Estes movementos vense menos, pero en ocasións un libro acaba vendéndose máis polo boca a ouvido que pola grande publicidade. Os lectores e os libreiros teñen unha forza moi grande, e poden darlle o éxito a un libro que nace dunha editora sen medios”, apunta Valverde.
As modas
Agora mesmo, desde “Qué Leer” teñen claro o que está a pegar nas listas de éxitos. “Despois da febre que desatou `O código Da Vinci´ polo thriller de enigma con toque relixioso, agora mesmo a tendencia está a virar cara un thriller histórico, coma `La catedral del mar´ou a segunda parte de `Los pilares de la tierra´”, apunta Iturbe. “Son narracións históricas que non abarcan unha época moi ampla e que se centran nun perÃodo determinado. Semella tamén que a icona arquitectónica histórica é un valor á alza”, completa. De xeito semellante, e aÃnda que recea da existencia real de modas, Valverde recoñece a vixencia actual da novela de ambiente histórico. “Quizais si haxa idas e vidas na ficción, pero ao final o cÃrculo acaba esgotándose e todo se vai repetindo”, apunta. “En trinta anos pode ser posible observar o rexurdimento da novela negra, despois un incremento da novela erótica, logo temas de amor e de luxo e finalmente a histórica, que é verdade que semella perdurar algo máis”. A afinar, este libreiro sinala temas que adoitan ser recorrentes. “Hai fenómenos coma a Guerra Civil ou a II Guerra Mundial que son habituais. Agora, hai moita atención a cuestións sobre o cambio climático ou a natureza”.
Canles de influencia
En canto ao xeito en que a oferta chega e cala nos lectores, Valverde lembra a importancia dos puntos de venda. “Penso que a librarÃa ten un papel fundamental. É a grande selectora e ten que arriscar para se expor ante o lector e achegar unha selección de calidade. Debe saber combinar e non defraudar as expectativas de quen busca libros”, sinala. De calquera xeito, as maneiras en que as produtoras tentan potenciar os seus produtos son moitas outras. “Hai grupos editoriais cun grande poder de penetración nos medios e poden buscar a promoción de determinadas obras, ás veces boas e ás veces non”, apunta. “Logo hai unha mercadotecnia de editoras máis pequenas que se centran en buscar a complicidade dos libreiros ou dalgúns suplementos culturais”. Dun xeito ou doutro, a promoción das obras determina en boa medida que é o que se vai ler. Nese sentido os grandes premios literarios manteñen o seu quiñón de importancia e son unha baza destacada á hora de captar lectores. “Os premios non deixan de ser un altofalante. Son moi criticables pero conseguen que os libros impoñan algo a súa presenza nos medios e teñen certa influencia sobre o público”, asevera Iturbe. Outra canle de influencia destacada son os medios especializados que viviron, segundo explican desde “Qué leer”, acusadas mudanzas. “Hai dez anos a información sobre libros estaba restrinxida a uns suplementos literarios moi academicistas para lectores de alto standing. E iso é algo erróneo porque precisamente é o tipo de lectores que non precisan consellos sobre que ler”, apunta Iturbe. “Nos últimos anos vemos que os medios e o xornalismo cultural baixaron algo á rúa e atopamos suplementos e revistas como a nosa que entenden que ler é algo divertido e que hai que explicalo coma un acto de sedución”, completa.
Extrapolación galega
Todas estas análises, aÃnda que centradas no campo estatal, poden en boa medida extrapolarse á situación galega. É ben certo que a este nivel o noso paÃs ten as súas peculiaridades, e que non vemos nos últimos meses un equivalente en autores galegos aos trhillers históricos. Como xa temos analizado noutras ocasións, en Galicia contamos máis con longsellers do que con bestsellers. É asà que se explica que “Memorias dun neno labrego” continúe a ser o libro máis vendido das nosas letras. A importancia do estudantado ou unha certa militancia cultural dos lectores semellan condicionar as listas de vendas. E isto sempre a falar da literatura en galego, porque non debemos esquecer que en canto a vendas, no noso paÃs a inmensa maiorÃa de tÃtulos adquÃrense en castelán (o 85%). Feitas estas apreciacións, en xeral o noso mercado compórtase do mesmo xeito que o estatal. “O esquema básico repÃtese”, recoñece Iturbe. “Eu coñezo o caso catalán e véndense moi ben tamén os trhillers históricos”, apunta. “No que se fai en galego, catalán ou euskera hai unha dobre vertente”, explica Valverde. “Por unha banda a edición destas linguas bebe moitas veces de traducir libros de grande tiraxe, e un libro que ten éxito noutros idiomas tamén o ten nestes”. “Ao tempo, o interese por manter a lingua, fai atender tamén aos escritores de cada lugar, que non chegan normalmente ao castelán”, completa.
O público militante
Encol da posibilidade de que o compromiso cultural leve a un determinado sector do público a mercar de xeito fiel unha boa cantidade das obras que se publican no noso idioma, Valverde sentencia. “Non penso que na actualidade haxa un público que merque todo o que faga un escritor ou un poeta. Posiblemente sexan máis cativas as redes bibliotecarias, que por determinados convenios introducen eses fondos directamente”. Pola súa banda, Iturbe recoñece unha certa influencia dese factor de militancia identitaria. “En Cataluña hai un xénero que funciona moi ben, que é un tipo de ensaio sobre catalanidade ou a desaparición do idioma, a miúdo nun ton de queixume”, apunta. Ao tempo, o subdirector de “Qué leer” recoñece que “durante anos houbo un público de militancia que mercaba os libros que estaban en catalán. Pero ese sistema é pan para hoxe e fame para mañá, xa que se o libro é malo ao final o lector cánsase”. Nese sentido amplÃa a súa advertencia ás polÃticas de subsidios editoriais. “Ese risco tamén se dá polas polÃticas de subsidio. Apoiáronse libros que están en catalán pero que poden non ser bos. Agora os editores inciden máis en non publicar calquera cousa e en tirar bos libros de autores cataláns”. Do mesmo xeito, Valverde apunta que “estas linguas tiveron apoios institucionais lóxicos que poden desvirtuar un pouco o funcionamento do mercado”, explica. “Penso que as editoras deberÃan pensar ata que punto unha lingua precisa apoios deste tipo”.