Esta fin de semana deixou tras de si unha resaca de premios. Ramón Caride fíxose co Premio Lueiro Rey con O frío azul, galardoado con tres mil euros e a publicación do libro. Os lectores de El Progreso escolleron a novela O canto do muecín do monfortino Lois Diéguez co premio Táboa redonda, que recoñece o mellor libro galego do ano. O premio Novos Creadores de Poesía, dentro do certame GZ Crea, foi para María Arce pola súa obra A máquina de horas. Ademais, o padroado da Fundación San Martiño da Estrada deu a coñecer os seus premios polo uso do galego. O xornal Galicia Hoxe, o director teatral Xosé Lueiro Lemos e o grupo que fundou nos noventa, Titirinautas, foron os galardoados nesta edición.
Máis información sobre o premio Lueiro Rey en La Voz de Galicia, o Táboa redonda en El Progreso e en Galicia Hoxe os premios Novos Creadores de Poesía e San Martiño