Varios autores galegos fanse con galardóns literarios fóra do país

Premios tamén fóra

13/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Agustín Fernández Mallo, autor do coñecido “Nocilla Dream” fíxose co premio de poesía Ciudade de Burgos 2007, coa obra “Carne de pixel”. Canda a el, outras 240 obra de todo o mundo participaban no certame. Pola súa banda, o vigués Óscar Horta levou o premio Ferrater Mora de Ensaio pola súa obra “La filosofía moral de Ferrater Mora”, que será publicada en castelán en inglés e daralle ao seu autor 6.000 euros de premio. Finalmente, Marisa López conseguíu co relato “A fiya do xastre” o premio Xeira de narracións curtas en galego-asturiano.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe sobre o Ferrater Mora e sobre o Xeira

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Ensaio, Poesía, La Voz de Galicia...

Claves

Lugares