Fuck Cómics, algo de BD Banda e mais mencións de obras galegas, novidades desde a Rede

Redada: Internet ferve

A edición Viguesa de “La Voz de Galicia” dedicoulle a pasada semana unha ampla reportaxe ao colectivo vigués Fuck Cómics, incidindo na tradición fanzineira viguesa. Ao tempo, desde o web de BD Banda chéganos a capa do vindeiro número desta publicación, a cargo de David Rubín. Este mesmo autor, canda a Miguelanxo Prado, está incluído en “Vuelo 5/07 para Europa”, unha escolma de BDs recomendadas para todas a idades que realizou a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e que está dispoñible no web Servicio de Orientación á Lectura.

A reportaxe en La Voz de Galicia; a capa no web de BD Banda a guía no web do Servizo de Orientación á Lectura