Os Ancares converteranse nun gran parque natural de 25.000 hectáreas

Un escudo para a vida

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Sete mesas de traballo dos concellos lugueses de Cervantes e Navia de Suarna debaterán nas vindeiras semanas o plano de ordenación dos recursos naturais e o borrador inicial do futuro Parque Natural de Os Ancares. De frutificar as discusións, os Ancares integrarase na rede de Parques Naturais Galegos, o que suporá unha vía de financiamento adicional para o desenvolvemento sostible destes concellos e o máximo nivel de protección para unha significativa parte das montañas orientais do país. A zona máis restritiva abranguerá o 33% do parque, e nela figuran os cumios da serra, os bosques e a reserva nacional de caza existente na actualidade. Un segundo nivel de alto interese ambiental suporá o 50% do territorio e o 35% restante terá un réxime máis aberto. Con 25.000 hectáreas, o Parque Natural dos Ancares converterase no maior de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ancares, La Voz de Galicia, Navia de Suarna, Cervantes