8.842 hectáreas nos concellos de Bande, Lobeira e Calvos de RandÃn sumaranse ás 20.920 que xa integran o Parque Natural da Baixa Limia–Serra do Xurés. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá o Plan de Ordenación de Recursos Naturais que amplÃa o espazo do parque e que especifica as actividades que se poden desenvolver no mesmo. Nese sentido, apóianse as explotacións agrarias tradicionais que transcorran no interior da área protexida e establécense normas especÃficas para o desenvolvemento urbanÃstio dos concellos. En total, a Xunta investirá 6.3 millóns de euros en medidas deste tipo, aos que se suman 3.4 millóns que se distribuirán a medias con Portugal e que fan pate do proxecto Interreg IV.