A Xunta decreta que A Serra da Lastra sexa o sétimo parque natural de Galicia

Por decreto, naturalmente

Di a Constitutción que "todos teñen o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber doi conservalo". E para iso tanto o Estado Español como a Xunta de Galicia crearon as súas figuras de protección do medio. E en Galicia hai xa sete parques naturais. Ós de Monte Aloia, Illas Cíes, Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia-Xurés, Invernadoiro e Fragas do Eume, acábase de engadir o parque da Serra da enciña da Lastra. Unha decisión que tomou onte o Consello da Xunta atendendo ás súas características: formación de bosques e de matrorrais espinosos mediterráneos máis extensos e máis extensos e mellor conservados da comunidade.

Primeiro parte trala lei


O Goberno galego decretou onte no seu Consello que o porque de Lastra sexa parque natural. E iso convirte a este territorio, formado por 3.151 hectáreas situados no concello ourensá de Rubiá, no primeiro declarado parque natural logo de que a Xunta aprobase a lei galega de Conservación da Natureza. Unha lei que se puxo en en marcha o 5 de setembor de 2001.
E isto implica protetexer un ecosistema que está formado por pastos que a UE establece como prioritarios e no que viven lagartixas e nove especies de morcegos diferentes. No que respecta á vexetación está formado polos encinares de carácter carcícola máis extensos da comunidade autónoma.
De onte a hoxe unha soa etiqueta converte a este zona da provincia de Ourense nun espacio natural protexido no que entra en vigor o plan da Xunta. E iso implica ordenar os recursos naturais da zona, preservar o seu patrimonio xeolóxico e garantir a conservación das particularidades paisaxísticas. Para conseguilo o parque contará cunha xunta consultiva e un órgano colexiado de caracter asesor adscrito á Consellería de Medio Ambiente. E as súas principais tarefas serán a de xestionr este espacio e a de regular as axudas destinadas á conservación do edio e ó desenvolvemento sostido da poboación.











Fin a unha agresión


Con esta declaración tomada en conta pola Xunta de Galicia ponse fin a unha serie de actuacións sobre este territorio. Os tendidos eléctrico, incendios e a ameaza de acabar convertida nunha canteira. Deste xeito, coa actuación desenvolvida pola Xunta de Galicia este entorno conservarase en boas condicións.
Polo demais, este entorno ten continuidade na parte berciana da Serra, que está incluída no listado de espacios naturais de interses da Junta de Castela e León. Un propósito que aínda está paralizado.











Sete parques naturais

Con este son xa sete os parques naturais declarados en Galicia.
- As Fragas do Eume: formada por unha superficide de 9.126 hectáreas foi creado o 11 de agosto de 1997. Conta cunha grande diversidade de fauna e flora (221 especies vexetais, e invertebrados endémicos de Galicia).
- Invernadoiro: Ten unha superficie de 5.722 hectáreas e foi creado o 27 de xuño de 1997. A súa fauna e flora padece unha forte influencia mediterránea que se amosa na presencia dos carballos meloxos. Con respecto á fauna pódense atopar o leirón gris, a donicela, o corzo, o cervo e o gamo.
- Baixa Limia e Serra do Xurés: Foi declarado parque natural o 11 de febreiro de 1993. Nas súas 20.290 hectáreas destaca unha zona climática moi húmida e a súa vexetación alterna bosques de árbores caducifolias cos de folla perenene. Abondan o corzo, o teixugo, o xabaril e a alondra.
- Monte Aloia: Considerado parque natural desde o 4 de decembro do 1978, conta con 46 hectáreas. Na súa fauna e na súa flora detacan aves, destácanse perdices, miñatos comúns, lagarteiros, avelainas... e as árbores autóctonas están desaparecendo de Aloia, nun proceso iniciado en 1910 coa repoboación a base de piñeirais e árbores exóticas.
- Corrubedo: nas súas 46 hectáreas é un lugar de paso para aves migratorias, ademais dun niño de 2.300 individuos anuais reunidos en 35 especies.
- Illlas Atlánticas: actualmente en proceso para converse Parque Nacional. Ten unha superficie de 2.772 hectáreas nas que conta con colonias de aves mariñas, coma o corvo mariño cirtado e a gaivota pariamarela.