Xa se sabe algo máis do festival de cine de Compostela, Cineuropa. O evento ofrecerá cada semana unha gala na que se presentará un filme ou terá lugar algún acto de entrega de premios. Margarita Ledo será a primeira en abrir ese formato coa presentación de Liste, pronunciado Líster, a súa visión sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil. Ademais, entre os filmes que se proxectarán está É un mundo libre, de Ken Loach, A muller cortada en dous, de Claude Chabrol; A duquesa de Langeais, de Jacques Rivette; ou Cen cravos de Ermanno Olmi. A programación definitiva, os premiados nesta edición e as novidades saberanse o luns 5, na véspera que de comece o festival.
Máis información sobre Cineuropa na nosa hemeroteca