O Concello de Tomiño crea un Consello da Cultura para coordinar este sector

CCG 2

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Representantes de asociacións veciñais e culturais comporán o Consello da Cultura de Tomiño. Este novo organismo local, que se crea coa intención de coordinar as actuacións e organizar a programación desta área, contará tamén con persoas destacadas do ámbito cultural. Con este organismo, de carácter consultivo, o goberno municipal quere"deixarse asesorar por quen máis sabe e non só para a elaboración do programa cultural senón tamén para establecer as directrices e estratexias municipais, buscando o mellor aproveitamento dos recursos que se destinan a promoción da cultura", explica o concelleiro da área Xesús Castiñeira.

Máis información no Faro de Vigo, e nos Inforosal

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tomiño, Asociacións, Faro de Vigo, Consello da Cultura Galega